Xoves, 12 de maio de 2011.
Acabo de chegar a casa despois de ver o acto homenaxe a Lois Pereiro que co gallo do día das letras galegas levaron a cabo ós compañeiros e amigos do departamento de Instrumentos da Música Tradicional e Popular do conservatorio superior de Vigo, e a xente da Escola Superior de Arte Dramático. Pequenos poemas e fragmentos musicais intercalándose as veces, integrándose noutras.
A música, arranxos e composicións de David Bellas, e a poesía de Lois Pereiro fusionáronse maxistralmente, pois ambas posuían ese caracter de modernidade e rebeldía ante as normas, ese afán de transmitir unha mensaxe mediante dous medios considerados triviais por moita xente, pero cun fondo sentimento polo propio, representado na fala da xente de a pé, no icónico da gaita galega.
En resumo, un proxecto perfecto na súa concepción e realización, polo que só queda felicitar os encargados da ESAD e a mestra Rebeca Carrera por facelo posible, e os intérpretes por leválo a cabo dun xeito altruísta e cunha actitude totalmente profesional. Digno de mención é tamén o esforzo dos músicos por crear unha “performance” total, cunha posta en escea participativa, con vocalizacións... elementos que moitas veces os músicos non estamos acostumados a facer e que poden avergonzarnos un pouco ante o público.
Por outra banda, o toque arrabalero ou “underground” aportouno a organización do conservatorio: o escenario, unha tea negra no chan suxeitada por dous soportes de sombrilla da cafetería, unha furgoneta pasando polo medio... Tamén se votou en falla unha representación institucional, non digamos xa dos estamentos políticos da cidade, senon da directiva do centro. Debe ser que sen a presencia dos primeiros, estes últimos non se esforzan moito en organizar ben as cousas.
Finalizando, só queda esperar que proxectos como este se repitan en anos sucesivos. A modo de suxerencia, sería fermoso que, contando con máis tempo e tendo en conta a calidade dos compositores do conservatorio, se prepara unha música expresamente pensada para os poemas que se reciten. Non sei se será posible, pero é unha idea.
Sen máis, noraboa Lois!
Alberto Sánchez.
A min tamén me encantou a proposta de Projecto de Foles e dos compañeiros da ESAD. Non me canso de animarlles a continuar por este camiño. Súmome aos parabéns de Alberto.
ResponderEliminarHola, enhorabuena por la idea del blog que puede ser muy fructífera.
ResponderEliminarComo miembro de la directiva del Centro acepto tu crítica, aunque le falta perspectiva. El año pasado no tuve vacaciones porque organicé, acudí y apoyé de forma semanal los conciertos que realizaron en el Museo-Pazo Quiñones de León. Este mes de mayo organizo, acudo y apoyo todos los fines de semana el ciclo de cámara celebrado en el Club Náutico, sacándolo de mi tiempo libre, y me cansaría de decirte más actos. En todos ellos se apoya a compañeros vuestros del Conservatorio y, pese a tu frialdad y gratuidad en el comentario, no acude, por lo general, ningún político.
De todas formas, estoy de acuerdo contigo en el fondo de la cuestión, y está bien que tengáis un buen uso de la crítica que creo que siempre es constructiva.
Lo dicho, enhorabuena y que tengáis mucho éxito con el blog.
Jesús Vicente, Vicedirector del CSM de Vigo
Hola Jesús.
ResponderEliminarEn ningún momento a miña intención foi a de criticar a totalidade de actividades que leva a cabo o centro (que son bastantes e moi interesantes: concertos de verán, ciclos instrumentais, clases maxistrais, concerto da Xovigo...), senon unha actividade en concreto, a do outro día, e o fixen expoñendo os feitos que todos os asistentes e participantes puideron ver por si mesmos. A pesar disto, só o feito de que se leven a cabo estas iniciativas, con maior ou menor éxito, é unha boa nova para os alumnos.
Espero que a miña crítica non fora un motivo de desilusión, senon un aliciente para mellorar no futuro.
Un saúdo, e gracias polo comentario.
Alberto Sánchez
Grazas polos teus ánimos Jesús.
ResponderEliminar