sábado, 14 de mayo de 2011

VI Músicas contemplativas.

Semana Santa en Compostela. Como dende fai catro anos asisto ao festival de Músicas Contemplativas, organizado polo Consorcio de Santiago, que xa vai pola súa sexta edición. Seis días, sete igrexas, trece grupos, pero un mesmo sentimento: unha profunda espiritualidade. De primeiras o concepto do festival sorprende. Qué teñen que ver os cantos sufíes con Arvo Pärt, ou os derviches con Gesualdo? Pois teñen que ver, e moito. Non se trata de debuxar barreiras culturais, senón máis ben de todo o contrario: buscar o universal. A través dos motetes, das leçons de ténèbres, do mugham... ábresenos un camiño que roza o misticismo, un espazo de instrospección que nada ten de fervor ou fanatismo. Seis edicións nas que a través da mellor das músicas, tendemos a ser un co entorno.

Julia Feijóo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario