lunes, 16 de mayo de 2011

Momentos de simbiose.

Nas parroquias de Vigo existe dende fai anos a tradición de pasarse dunha a outra a San Isidro o dia da súa onomástica, quedando a parroquia receptora un ano coa súa custodia ata o ano seguinte, que se lle entrega a outra. Este ano tocoulle a Candeán recibir o santo dende Cabral, e a comisión de festas convidou a banda de música para que participásemos no acto xunto con outras agrupacións.

Foi un fermoso día onde a exhuberancia da primavera deixábase notar polos frescos aromas que vagaban polo ar e por un sol irradiante de luz. Neste contexto comezamos a tocar, o público non tardou en unirse á música bailando alegre e intensamente e mandando algún aturuxo que outro. As típicas pezas tocadas mecanicamente trocaron agora en melodías frescas e cheas de vida, incluso eu sorprendinme a min mesmo movéndome o ritmo de pasarrúas tocados ata a saciedade anteriormente. Foi unha experiencia vibrante onde publico e músicos acadaron unha simbiose única. Obviamente, neste contexto festivo, é sinxelo acadar expresións de xubilo por parte do público e lograr este grao de complicidade.

Como músicos profesionais, dentro do ámbito do conservatorio, tocamos polo simple pracer de facer música e intentamos mellorar cada día con pezas máis complicadas tanto en técnica como en expresión. Pero non deberíamos esquecer ao público, para trocar os concertos musicais (sexa no ámbito que sexa) de simples audicións onde este xulga ao interprete, a experiencias integradoras onde publico e intérprete formen parte dun todo.

Xesús Casal Piñeiro.

domingo, 15 de mayo de 2011

XIII Concierto de premiados del concurso "Ría de Vigo" 2011

El 14 de mayo se celebra el concierto de premiados del XIII Concurso de piano de Ría de VIgo 2011. En este concurso se ofertan varios premios, infantil, juvenil y senior, y es a los galardonados a los que escuchamos en este concierto, entre los que la ganadora del primer premio en la categoría senior, Natalia Tkachenko, representa  junto a la orquesta de Vigo 430 el Concierto en La menor de E. Grieg.

De la categoría infantil destaca el infante de 10 años, Jacobo Ramos Casariego, con una interpretación madura de el Nocturno en Fa m de Chopin, tras la que saluda con sencillez al público encandilado. Tomás André García de Matos, de trece años, por su acertada interpretación del Preludio Nº 12 de Rachmaninov. Resultan algo empalagosas las vistosas composiciones de Pinho Vargas, recurrentes en el repertorio los participantes infantiles.

Tras un descanso no exento de accidentes, en el que nuestro director del Conservatorio lideró a un grupo de rezagados de entre el público, la talentosa finalista del concurso Natalia Tkachenko interpreta junto a la Orquesta 430 el Concierto en La m de E. Grieg. Su postura ligeramente adelantada y de muñecas lánguidas parece facilitarle una interpretación sublime, llena de contrastes dinámicos y emotivos, trinos ágiles de un batir de alas y un marcado carácter expresivo. De movimientos precisos y decidida en sus entradas, es seguida con cierto trabajo por la orquesta. La 430 la recibe con cariño, y a lo largo de la obra le permite desenvolverse con bastante soltura. Sin embargo, cierta descompensación entre la cuerda y los timbales desemboca en un finalligeramente rudo tanto por el volúmen como por la exageración del carácter marcato del tercer movimiento, que deja al público un tanto desconcertado.

Es de agradecer que se lleven a cabo estas iniciativas para promover el talento de los jóvenes músicos.

Camila Fernández Gutiérrez.

sábado, 14 de mayo de 2011

The New London Consort.

Onte, 18 de abril tivo lugar o primeiro concerto do VI Festival de Músicas Contemplativas enSantiago de Compostela. Estivo a cargo do conxunto The New London Consort dirixido por PhilipPickett, que aportou unhas excelentes notas ao programa.

A agrupación demostrou a súa grande mestría e pulcritude na interpretación histórica de música antiga, como veñen facendo durante anos, e que tivemos oportunidade de escoitar en numerosas ocasións grazas á ampla actividade concertística desta. Deste modo é como divulgan un son distinto, con instrumentos moi parecidos aos orixinais da música antiga e con afinacións chocantes para os oídos contemporáneos, afeitos a unha afinación moderna.

Dada a extensión do programa, o estilo interpretativo e o seu monotematismo- estamos a falar de músicas de temática relativa ao tempo de Pascua -un público heteroxéneo podería aportar opinións enriquecedoras moi dispares. A miña opinión é favorable en calquera dos sentidos.

Cabe destacar a actuación da violinista principal, especialmente no Oratorio de Pascua de J.S. Bach, última obra do programa. Sen dúbida para os amantes da música antiga foi un concerto para disfrutar.

Alba Díaz Taboada.

VI Músicas contemplativas.

Semana Santa en Compostela. Como dende fai catro anos asisto ao festival de Músicas Contemplativas, organizado polo Consorcio de Santiago, que xa vai pola súa sexta edición. Seis días, sete igrexas, trece grupos, pero un mesmo sentimento: unha profunda espiritualidade. De primeiras o concepto do festival sorprende. Qué teñen que ver os cantos sufíes con Arvo Pärt, ou os derviches con Gesualdo? Pois teñen que ver, e moito. Non se trata de debuxar barreiras culturais, senón máis ben de todo o contrario: buscar o universal. A través dos motetes, das leçons de ténèbres, do mugham... ábresenos un camiño que roza o misticismo, un espazo de instrospección que nada ten de fervor ou fanatismo. Seis edicións nas que a través da mellor das músicas, tendemos a ser un co entorno.

Julia Feijóo.

A poesía é un xeito de loitar CONTRA a barbarie.

Ayer fui sorprendida por una representación musical fresca e innovadora liderada por gaiteros en la Semana de las Letras gallegas.

Los alumnos de la Escuela de Arte Dramático recitan poesías de Lois Pereiro mientras cinco estudiantes de gaita del Conservatorio Superior de Vigo interpretan composiciones y obras tradicionales arregladas y creadas por uno de ellos: David Bellas. Todo ello coronado con una performance en la que voluntarios del público grafitean en un mural la frase de Lois: "A poesía é un xeito de loitar CONTRA a barbarie".

Esta frase ejemplifica la poesía de Lois, llena de pasión y actualidad, con temas vivos como el Sida o la conservación de la Galicia genuina mediante un diccionario que la describe con aguda y grácil y sensibilidad. A estos versos del presente se le suman las gaitas con una propuesta rompedora de disonancias y dramatismo interpretados con gran sentido escénico, algo más disperso en el recitado de los poemas.

En el entorno conformista y tradicional del Conservatorio se hace imprescindible la creación e intepretacion de música contemporánea y su fusión con otras artes como la poesía, con el compromiso de romper las anticuadas formalidades musicales establecidas y la convicción que han demostrado tener estos cinco músicos.

Doy mi enhorabuena por esta refrescante propuesta.

Camila Fernández Gutiérrez.

viernes, 13 de mayo de 2011

A poesía é un xeito de fuxir da barbarie

Xoves, 12 de maio de 2011.

Acabo de chegar a casa despois de ver o acto homenaxe a Lois Pereiro que co gallo do día das letras galegas levaron a cabo ós compañeiros e amigos do departamento de Instrumentos da Música Tradicional e Popular do conservatorio superior de Vigo, e a xente da Escola Superior de Arte Dramático. Pequenos poemas e fragmentos musicais intercalándose as veces, integrándose noutras.

A música, arranxos e composicións de David Bellas, e a poesía de Lois Pereiro fusionáronse maxistralmente, pois ambas posuían ese caracter de modernidade e rebeldía ante as normas, ese afán de transmitir unha mensaxe mediante dous medios considerados triviais por moita xente, pero cun fondo sentimento polo propio, representado na fala da xente de a pé, no icónico da gaita galega.

En resumo, un proxecto perfecto na súa concepción e realización, polo que só queda felicitar os encargados da ESAD e a mestra Rebeca Carrera por facelo posible, e os intérpretes por leválo a cabo dun xeito altruísta e cunha actitude totalmente profesional. Digno de mención é tamén o esforzo dos músicos por crear unha “performance” total, cunha posta en escea participativa, con vocalizacións... elementos que moitas veces os músicos non estamos acostumados a facer e que poden avergonzarnos un pouco ante o público.

Por outra banda, o toque arrabalero ou “underground” aportouno a organización do conservatorio: o escenario, unha tea negra no chan suxeitada por dous soportes de sombrilla da cafetería, unha furgoneta pasando polo medio... Tamén se votou en falla unha representación institucional, non digamos xa dos estamentos políticos da cidade, senon da directiva do centro. Debe ser que sen a presencia dos primeiros, estes últimos non se esforzan moito en organizar ben as cousas.

Finalizando, só queda esperar que proxectos como este se repitan en anos sucesivos. A modo de suxerencia, sería fermoso que, contando con máis tempo e tendo en conta a calidade dos compositores do conservatorio, se prepara unha música expresamente pensada para os poemas que se reciten. Non sei se será posible, pero é unha idea.

Sen máis, noraboa Lois!

Alberto Sánchez.

miércoles, 11 de mayo de 2011

De lo universal del sonido.

Deron fin as IV Xornadas de Xóvenes Musicólogos da Universidade de Oviedo, celebradas entre o 12 e o 15 de abril. Estiveron organizadas en diferentes sesións de comunicacións, argalladas en torno a un tema unificador, con nomes moi suxerentes que tentaban lavarlle a cara aos mesmos temas de sempre (mestres de capela, catálogo do arquivo catedralicio...). Teño que advertir que en cada sesión había que elixir entre dous temas. Polo xeral, decanteime polos máis interdisciplinares, os menos descritivos, ou simplemente os que menos soporíferos me pareceron. Por fortuna non todos temos o mesmo concepto do soporífero, así que sempre houbo algunha representación viguesa en cada sesión. Espero impaciente noticias destas comunicacións. 

Como me acontecera en Madrid, a miña impresión xeral foi desmotivadora. Independentemente do tema tratado, o plantexamento xeral foi puramente descritivo, e os traballos centráronse en mostrar centos, miles de datos, facer gráficos, biografías e cronoloxías. Pero qué pasa despois? Non houbo interpretacións nin lecturas máis profundas deses datos, non houbo obxectivos cumplidos porque tampouco os houbo antes de empezar as investigacións. E polo tanto non houbo aportacións. Gustaríame destacar dúas comunicacións que me gustaron moito, precisamente porque si que se plantexaron preguntas, que logo respostaron ou non, pero que dende logo deron que pensar e abriron un espazo de reflexión. Unha foi a de María del Rosario Montes Moreno "Internet y la democratización del gusto, el nuevo boca-oreja", na que se trataba o tema das redes sociais coma novo espazo de "crítica" musical desxerarquizada, nas que todos colaboramos a crear un gusto colectivo. Logo de analizar esta situación de forma moi amena, chegaron as conclusións, nas que se propuña ao musicólogo coma figura necesaria para guiar a esa masa, potencialmente consumidora de música. A outra foi a de Isaac Álamo Pérez, "Relaciones mapa-territorio-música-identidad", na que, partindo das teorías de Bauillard e Said sobre a conformanción da indentidade individual e colectiva, facía un estudo da música urbana adoptada polas minorías étnicas asentadas fóra dos seus territorios. 

Das conferencias dos profesores da facultade de Oviedo, máis do mesmo, todos foron decepcionantemente descritivos, salvo Ángel Medina, que fixo hoxe un repaso sobre os que foran os seus traballos máis decisivos da súa carreira musicolóxica. Un home moi brillante e intelixente, dende logo, capaz de ver máis alá dos datos, e moi sensible á hora de interpretar a música coma manifestación social. Tamén houbo unha mesa redonda, nas que estaban convidados Jose Luis Temes (director de orquestra) e Victor Fernández Blanco (economista). Sólo cito a estes dous, porque foron os que aportaron as ideas máis interesantes, que entre moitas divagacións, se poden resumir en dous puntos básicos: a música que non se edita en papel ou non se grava non existe. A música ten que rentabilizarse para facerse un oco na vida normal de calquera sociedade.

Estas reflexións foron algo controvertidas, pero creo que son necesarias para crear o noso mapa mental do que é para nós a musicoloxía e do que queremos aportar como musicólogos. Quizáis o problema destes compañeiros é que nunca se fixeron tantas preguntas sobre a nosa materia de estudo. Non creo que sexa un exercicio de soberbia, todo o contrario, é unha inquedanza eterna por aprender. O traballo da organización foi impecable.

Julia Feijóo

Resonancias.

Fai algo máis dun mes que rematou o VI Curso de Iconografía musical da Complutense "Resonancias", celebrado na facultade de Xeografía e Historia os días 7 e 8 de abril. Disque máis vale tarde que nunca. Dividíronse os días en dúas sesións maratonianas de tres conferencias cada unha, a primeira xirou en torno á iconografía medieval, e a segunda sobre a iconografía no século XX (jazz en Portugal e os Beatles). 

Así a grandes rasgos non me entusiasmaron as propostas que se fixeron. Na presentación do curso, Cristina Bordas aludía ao método de Panofsky como marco de actuación no que se desenvolven fundamentalmente os traballos do "Grupo de Iconografía". Independentemente ao nivel de erudición que require o método (non dubido de que eles o teñan), isto foi un pouco tópico, porque realmente non houbo ningún traballo que pasara da descrición formal (ás veces esquéncense de que os alumnos imos cos ollos postos a clase), ou do recoñecemento da escea en casos contados. Nesta liña de traballo pareceume un home moi brillante Arturo Tello Ruiz-Pérez, que "leu" a súa ponencia sobre a representación da lira e da viola nos "Miracles de Nostre Dame" de Gautier de Coinci. Inda que de costas á música sonora, na liña xeral deste grupo de traballo da Complutense, fixo unhas hipóteses interpretativas arriscadas, que resolveu cunha defensa argumental moi sólida.

Con diferencia, a mellor clase foi a de Mauricio Molina. Porque deu unha clase, non unha conferencia. Fixo unha proposta metodolóxica na que empregaba a antropoloxía da performance, a iconografía e a teoría da percepción da Idade Media, para xustificar as súas hipóteses de reconstrución da música no románico. Pareceume o único profesor que se plantexa a iconografía coma medio e non coma fin, e tamén o único en facer un traballo interdisciplinar, no que ao fin, musicoloxía e etnomusicoloxía son empregadas a un mesmo tempo e cun mesmo obxectivo: a música.

Visto o visto, cada vez teño máis claro que a única barreira á que nos enfrentamos non son os medios económicos, nin as bibliotecas nin os centros educativos, senón a nosa propia falta de curiosidade.

Ata aquí a crónica. Velázquez e Goya seguen no seu sitio.


Julia Feijóo

martes, 10 de mayo de 2011

Preludio.

A música é quizais a máis sublime das manifestacións humanas. Coma un complexo fenómeno inmaterial,  libre de ataduras historiográficas eurocéntricas, entendémola coma parte da cultura universal. A música está presente en tódalas sociedades coñecidas. Ten un papel determinante na articulación do seu funcionamento interno. Da mesma maneira, forma parte da nosa propia experiencia individual. A música é unha forma de relacionarnos co noso entorno máis inmediato.  

A musicoloxía nace como disciplina ca intención de ser un lugar común de reflexións procedentes de tan diversos campos de estudo coma as humanidades, as ciencias sociais, a física, a análise... Na actualidade, sexa cal for o tema abordado, apostamos por unha musicoloxía de obxectivos dinámicos, afastada de academicismos anquilosantes, que axude a reconstruír cada unha das caras desa realidade poliédrica que é a música.

E con estas motivacións nace este blog, creado no seo do Conservatorio Superior de Música de Vigo, pero de forma paralela a este. Pretende ser un punto de encontro para todo aquel que queira achegarse sen complexos á musicoloxía, en calquera das súas manifestacións: crónicas de xornadas, comentarios de texto, reflexións, críticas de concertos, discos, libros... Cos mellores desexos musicolóxicos.

Julia Feijóo.